O Concello de Folgoso do Courel agradécelle á Deputación de Lugo que atendera as súas queixas

LugoXa | RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel agradece a la Diputación de Lugo que atendiera sus quejas y actuara en la carretera LU-P-1301.
LU P 1301 courel2
15 Feb 2022

O Concello de Folgoso do Courel agradécelle á Deputación de Lugo que atendera as queixas que trasladaron os tres grupos da Corporación en relación coa execución das obras da estrada LU-P-1301 que comunica Pedrafita con Folgoso do Courel.

Así, a Deputación Provincial de Lugo, interviu na estrada, tralas queixas feitas públicas pola totalidade da Corporación do Concello de Folgoso do Courel. Esta intervención consistiu no ancheamento da curva facilitando o tránsito dos vehículos e gañando seguridade no tráfico viario.

Desde o Concello de Folgoso do Courel agradecen esta actuación, o que demostra que a actuación era manifestamente mellorable e que as obras non se estaban facendo ben, como así se denunciou por parte do PP, o PSOE e C@urel Vivo.

O Goberno local lamenta que non se fixera xa de partida unha obra decente e conforme ás necesidades que presentaba a vía e que o presidente se refira a saldar “unha débeda” co Courel cando á vista queda que optaron por facer “o mínimo posible”.

A Deputación inviste 245.000€ na mellora deste tramo da estrada provincial de Pedrafita a Seoane que vai do quilómetro 10,7 ao 12,5; ten adxudicada outra fase, do quilómetro 8,6 ó 10,7, neste caso por un importe de case 300.000€; e está redactando o proxecto para a terceira fase. Desta forma, ao finalizar este mandato, esta vía quedará completamente renovada.

Os traballos contemplan a ampliación da estrada, tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización horizontal e vertical, e colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

0.19293713569641