O Concello de Friol abre as súas piscinas este sábado 15

LugoXa | TerraChaXa
Estarán en funcionamento ata o 15 de setembro, seguindo o exemplo do ano pasado
club-fluvial-friol5
Piscinas de Friol
11 Jun 2024

O próximo sábado día 15 de xuño xa se poderá desfrutar das novas instalacións fluviais que o Concello de Friol inaugurou fai dous veráns.

Despois do éxito que tivo o ano pasado a decisión de ampliar o período de apertura das instalacións fluviais, decisión tomada debido ás peticións que recibiron por parte dos veciños, que pedían poder desfrutar das boas e renovadas instalacións durante mais tempo, e tamén pola cantidade de xente que ao longo de estes veráns pasados se acercou a Friol para bañarse nas novas piscinas, o Equipo de Goberno decidiu adiantar a apertura a este próximo sábado 15, e mantelas abertas ata o domingo 15 de setembro.

Será un mes mais de servizo ao igual que o verán pasado, pero que en anos anteriores so estaban abertas durante os meses de xullo e agosto.

Os horarios de apertura para acceder á zona de baño será como en anos anteriores. De luns a venres permanecerá aberta dende as 14:00 ata as 20:00 horas, sendo mais amplo este horario nas fins de semana e nos días festivos, que abren as instalacións ás 12:00 e pechan ás 21:00 horas.

Poderanse adquirir entradas diarias de adultos ou menores, e tamén se poderán facer abonos por tempada completa tanto individuais como familiares, todo elo na entrada ao recinto, en horario de apertura das instalacións.

Tamén se organizarán uns cursos de natación de iniciación e perfeccionamento subvencionados polo Concello de Friol, dos que aínda están perfilando os detalles para poder abrir as inscricións.

Durante os meses de xullo e agosto, tamén dende o Concello, levaranse a cabo uns campamentos para nenas e nenos, para os que se abrirán as inscricións ao longo de esta semana. Serán de luns a venres, de 10 a 14 horas, con condicións similares ás do ano pasado. Este sempre é un servizo moi demandado por parte dos máis novos do municipio, e das súas familias.

Este concello aposta por dar servizos e opcións de ocio á xente do pobo e á que desexe achegarse dende outros puntos. Sempre pensando en mellorar a calidade de vida e intentando dar un empurrón aos negocios que se poden ver beneficiados pola importante afluencia de visitantes que este servizo xera no municipio durante os meses de verán.

Coa apertura das piscinas municipais tamén se colabora na xeración de emprego, xa que son cinco postos de traballo directos e outros indirectos os que se precisan para que durante estes tres meses todo funcione correctamente.

Ademais de desfrutar dunha agradable tarde de piscina, poderán gozar do fermoso e tranquilo paseo fluvial que transcorre ao longo do Río Narla, acondicionado con mobiliario suficiente para poder divertirse cunha merenda e mesmo facer un bo churrasco. Tamén poderán desfrutar coa visita ao Castro Friulio, nas inmediacións do complexo fluvial, e a diferentes monumentos e lugares que temos a sorte de manter no noso pobo.

O alcalde, José Á. Santos, manifesta que “dende o Concello de Friol seguimos xestionando para que Friol teña mais vida durante o período estival, e para que haxa opcións de ocio e de conciliación para seguir mellorando a calidade de vida dos que vivimos aquí, e para que poidan desfrutar do pobo tamén os que nos visitan dende outros puntos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18265581130981