O concello de Friol compra un vehículo para o servizo de medio ambiente

TerraChaXa | LugoXa
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o concello e destacou a importancia da colaboración entre Administracións
compra de vehiculo medio ambiente friol
15 Mar 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o concello lucense de Friol, co que a Xunta colaborou o ano pasado cunha axuda de máis de 30.000 euros para a adquisición dun vehículo para o servizo de medio ambiente e extinción de incendios do concello.

A Xunta apoiou ao concello de Friol na compra dun vehículo todoterreo para o servizo de medio ambiente e extinción de incendios. E tal e como indicou a directora xeral o concello carecía de vehículo co que prestar os servizos e medioambiente e extinción de incendios, xa que a brigada ambiental do Concello de Friol contaba cun único vehículo para as tarefas de xestión da biomasa vexetal, limpeza de camiños, das faixas auxiliares e control de residuos, o cal tivo importantes avarías, deixando ao municipio sen o único vehículo do que dispoñía este servizo.

No caso do concello de Friol, recibiu nos últimos anos máis de 1M€, para saneamento e mellora de acesos e comunicacións, renovación de servizos e pavimentación de beirarrúas, melloras na rede de luz pública e da eficiencia enerxética de instalacións de luz pública, así como varios parques infantís e recintos verdes. Tamén para a adqusición dun tractor destinado a labores de roza en zonas forestais, estradas e camiños municipais e de dúas desbrozadoras para labores de desbrozado e limpeza das estradas e camiños municipais

Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos concellos máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario lles resultaría máis complicado ou non serían posibles.

0.35014390945435