O Concello de Friol entrega equipamento para o alumnado de infantil do CPI

TerraChaXa | LugoXa
Fíxose entrega de material ao equipo de infantil, para favorecer a psicomotricidade dos mais pequenos do centro escolar público de Friol
MATERIAL INFANTIL CPI FRIOL 2
7 Mar 2023

O Concello de Friol, a través do seu alcalde Jose Ángel Santos, fixo entrega de un lote de material, para que o equipo de profesionais da etapa de infantil poida traballar mellor a psicomotricidade cos nenos e nenas do CPI Doutor López Suárez de Friol.

Na entrega do material estivo presente Felipe Barata, director do centro educativo, e Patricia Prieto, coordinadora do equipo de Infantil de Friol.

Ese lote de material está composto por un conxunto de tobogán, prisma rectangular, prisma ondulado, rampa de escalada, balancín arco, túnel de reptación redondo, arco túnel, pasillo semicilíndrico recto e curvo, entre outras cousas.

O alumnado de infantil xa fixo uso de parte de este novo equipamento, e ademais de desfrutar moito, serviralles para traballar a psicomotricidade, que tan importante é en esta etapa da vida dos nosos nenos e nenas.

O alcalde José Á. Santos dixo que “sempre estaremos ao lado da poboación mais nova do noso pobo, e intentaremos axudar no seu desenvolvemento sempre que poidamos. Quero aproveitar para agradecer o gran labor que fai todo o equipo docente do noso centro educativo público, e en especial o equipo de infantil, xa que é a etapa mais importante dos nosos nenos e nenas, e estas docentes están a facer un moi bo traballo”.

MATERIAL INFANTIL CPI FRIOL
0.13589000701904