O Concello de Friol executa dúas obras viais por valor de 80.000 euros

TerraChaXa | LugoXa
Leváronse a cabo os traballos necesarios para realizar dúas obras moi importantes para o Concello de Friol, que suman mais de 80.000 euros.
obras caminos friol
29 Out 2022

Leváronse a cabo os traballos necesarios para realizar dúas obras moi importantes para o Concello de Friol, que suman mais de 80.000 euros entre as dúas, e que se financiarán con cargo ás baixas do Plan Único, e serán dous proxectos catalogados como contratos menores.

O primeiro proxecto é o acondicionamento, mediante traballos de pavimentación, na parroquia de Carlín, realizado por Cholo S.L. por un importe de case 50.000 euros.

O segundo é o acondicionamento de varios tramos, entre os que se atopan as parroquias de Carballo, Friol e San Cibrao, executado por Construcciones Carballeira por un importe de mais de 32.000 euros.

Son dous proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, pois trátase de realizar  melloras e mantementos de camiños municipais que benefician ás parroquias de Carlín, Carballo, Friol e San Cibrao, e en xeral a unha gran parte da veciñanza.

As vías obxecto de actuación, mediante pavimentacións, estaban en mal estado debido ás condicións normais do tráfico, o paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, as condicións atmosféricas e o paso de tempo, polo que resultaba complicado o paso en algunhas zonas das vías indicadas. Polo tanto, as actuacións realizadas foron encamiñadas a reparar as deficiencias que presentaban e previr que se produciran máis danos.

Todas estas actuacións que acaban de realizarse, traerá nunha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello. 

Para o Equipo de Goberno isto é algo moi importante e no que traballan cada día, e como di o seu alcalde José Ángel Santos “temos que intentar que todas as persoas de Friol teñan a mellor calidade de vida posible, para iso tamén é importante ter en bo estado de conservación os accesos polos que teñen que circular cada día, e tamén que todas as que nos visitan ao longo do ano non teñan problemas para circular polas vías municipais”.

0.081490993499756