O Concello de Friol inviste 31.000 euros na compra dun vehículo

TerraChaXa | LugoXa
Este vehículo é necesario para realizar actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural no municipio
novo vehiculo parque mobil friol
18 Dec 2021

O persoal de mantemento do Concello de Friol fai diversas labores a diario por todo o territorio do municipio, que ten unha extensión de case 300 km2. Por isto, como explica o alcalde, precisan vehículos que lles permitan desprazarse para poder realizar estas tarefas, e cuxo consumo de combustible e gastos de mantemento sexan o mais reducidos posible.

Debido á necesidade que estes traballadores manifestaban, o Concello decidiu realizar os trámites oportunos para poder adquirir un vehículo axeitado, para poder facilitar os desprazamentos que deben facer para realizar tarefas de medio ambiente e de espazos naturais, e ao mesmo tempo reducir custos de mantemento.

Para poder mercar este vehículo o Concello de Friol contou co apoio da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, que cooperou na realización da actuación coa sinatura dun convenio, aportando a cantidade de 30.000 €, importe que representa o 96,56 % do orzamento total do proxecto. A actuación ten un orzamento total de 31.069 € (IVE incluído) segundo a memoria valorada elaborada. Polo tanto, o importe que se aportou dende as arcas municipais foi 1.069 € (IVE incluído), o que supón un 3,44 % do total do valor do vehículo.

A empresa adxudicataria foi FERGIL AUTO, SLU, que subministrou o vehículo recentemente, con todos os trámites necesarios para poder circular realizados.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de esta compra e do apoio da Xunta e dixo que "para poder realizar as labores de mantemento do día a día dun concello rural como o noso, precísanse vehículos en bo estado, para que o persoal de mantemento poida acceder a todos os puntos aos que precisen acudir, e en estes momentos esta adquisición era moi necesaria, polo que agradezo o apoio da Xunta, tamén en esta ocasión, e concretamente á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo”.

0.2111349105835