O Concello de Friol licita o proxecto de asfaltado de vías no rural por valor de 170.000 euros

Aberta a licitación dun proxecto de pavimentación de varios accesos nas parroquias de Xiá, Silvela, Condes, Vilalvite e Narla, en Friol, con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2025-2026, por un valor de case 170.000 euros.
As empresas interesadas están en prazo de poder presentar as súas propostas para levar a cabo os traballos necesarios para realizar obras importantes para o Concello de Friol, que suman case 170.000 euros, e que se financiarán con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2025-2026, que financia Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) dependente da Consellería do Medio Rural.
Realízanse pavimentación de accesos aos núcleos de Castorres a Casanova e a O Foxo na parroquia de Xiá, en Corteporcos na parroquia de Silvela, en Macedo e de Macedo a A Dedreira e a Torre na parroquia de Condes, en Carballal e O Rebolo na parroquia de Vilalvite e en Todón na parroquia de Narla.
Con estas intervención melloraranse os accesos ás explotacións gandeiras da zona, e ás vivendas, o que permitirá optimizar os resultados económicos das explotacións e facilitar a circulación dos vehículos en xeral por esas vías.
Realizanse os traballos que están reflectidos no proxecto técnico, así como rasanteo de explanadas, extendido de zahorra, asfaltado, hormigonado, etc., e tamén se proxectou a limpeza de cunetas, colocación de tubos para que a auga de escorrentía circule con maior facilidade e polos ditos tubos e non deteriore o pavimento dos viais, etc.
A xustificación desta intervención baséase fundamentalmente na necesidade de rexeneración do firme actual que presenta un deterioro considerable polo continuo paso de vehículos, e polo tanto, necesitan unha mellora para que o tráfico non se vexa limitado nin se poña en perigo a seguridade viaria.
"Todas estas actuacións que se van realizar traerán nunha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello", explicou o alcalde, José Ángel Santos, que engadiu que “temos que seguir traballando para que as nosas estradas se manteñan no mellor estado de conservación posible, entendendo que non é posible facelo todo xunto, pero si temos que tentar asegurar, na medida do posible, a seguridade viaria dentro do noso municipio”.