O Concello de Friol mellora os accesos a diversos núcleos rurais

LugoXa | TerraChaXa
As melloras contribuirán a un tráfico máis fluído e seguro, reducindo o risco de accidentes e mellorando a accesibilidade
mellora-accesos-friol
20 Aug 2025

O Concello de Friol iniciou as obras de pavimentación de accesos aos núcleos de Castorres, Casanova, Corteporcos, Macedo a Heidreira, Carballal, O Rebolo e Todón. Esta actuación está incluída no Plan Provincial de Cooperación cos Concellos 2025.

O proxecto, cun orzamento total de 180.000  euros, ten como obxectivo mellorar a infraestrutura viaria rural, facilitando a mobilidade e aumentando a seguridade para os veciños e usuarios destas vías. As melloras contribuirán a un tráfico máis fluído e seguro, reducindo o risco de accidentes e mellorando a accesibilidade, especialmente para vehículos de emerxencia e transporte escolar.

"Ademais, estas actuacións terán un impacto positivo na dinamización económica local, facilitando o acceso ás explotacións agrogandeiras e promovendo o desenvolvemento de actividades comerciais e turísticas na zona", dixo o alcalde, José Ángel Santos. O Concello de Friol reafirma así o seu compromiso co desenvolvemento do medio rural e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes, apostando por infraestruturas que favorezan a fixación de poboación e a sustentabilidade territorial.

⚙ Configurar cookies
0.23130416870117