O Concello de Friol realizará unha excursión para maiores por Vilalba, Ferrol e Cedeira

LugoXa | TerraChaXa
A saída está programada para o día 11 de setembro ás 8:30 horas diante do Consistorio
ferrol
31 Aug 2025

O Concello de Friol organiza unha excursión dirixida ás persoas maiores do municipio, que terá lugar o xoves 11 de setembro. A actividade, de carácter gratuíto, require inscrición previa na Casa do Concello, que poderá realizarse ata o día 4 de setembro.

A saída está programada para as 8:30 horas diante da Casa do Concello e permitirá ás persoas participantes desfrutar dun percorrido completo que inclúe paradas en Vilalba, Ferrol e Cedeira, regresando novamente a Friol ao final da xornada.

Con esta iniciativa, o Concello de Friol busca fomentar a convivencia, o ocio activo e o coñecemento do patrimonio natural e cultural da contorna, ofrecendo unha oportunidade para que as persoas maiores desfruten dun día diferente acompañado de visitas e tempo de lecer.

⚙ Configurar cookies
0.20508813858032