O Concello de Friol rende homenaxe aos maiores na Festa da Terceira Idade

O Concello de Friol celebrou un ano máis a súa tradicional Festa da Terceira Idade, unha xornada entrañable dedicada a homenaxear aos nosos maiores, recoñecendo o seu esforzo, compromiso e a pegada fonda que deixaron no desenvolvemento do municipio.
Este evento converteuse nunha oportunidade para agradecer a súa contribución ao longo dos anos, pola construción de familias fortes e a transmisión de valores que fixeron de Friol un lugar exemplar para vivir.
Nunha emotiva intervención, o alcalde tamén tivo palabras para aqueles veciños e veciñas que, por razóns de saúde, non puideron asistir á celebración: “Desexámoslles unha pronta recuperación e esperamos contar con eles o vindeiro ano”.
Así mesmo, lembráronse con afecto os maiores que nos deixaron desde a última edición da festa, trasladando unha forte aperta e todo o apoio ás súas familias.
A xornada estivo marcada pola emoción, a gratitude e o desexo de seguir celebrando moitos anos máis esta festa tan especial.