O Concello de Guntín convoca a selección dun traballador social
LugoXa
O Concello de Guntín fai públicas as bases da convocatoria para cubrir unha praza de Traballador Social a media xornada.
5 Maio 2022
O Concello de Guntín vén de facer públicas as bases da convocatoria de emprego para cubrir unha praza de Traballador Social a media xornada. A praza é temporal, para un máximo de 6 meses, e o proceso selectivo elixido é o de oposición.
Esta convocatoria nace ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia para o cofinanciamento dos Servizos Sociais comunitarios de titularidade muinicipal. Os aspirantes poderán inscribirse na proba nun prazo de cinco días dende hoxe, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia.
Dende o remate deste prazo, o Concello anunciará en dous días as listaxes de admitidos e excluídos neste proceso selectivo.