O Concello de Guntín impulsa unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas

LugoXa
O obxectivo é garantir un tratamento axeitado destes residuos e evitar a súa acumulación no entorno rural
plasticos-de-silos
17 May 2025

O Concello de Guntín impulsa unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas e gandeiros co obxectivo de garantir un tratamento axeitado destes residuos e evitar a súa acumulación no entorno rural.

A iniciativa desenvolverase entre os días 19 e 25 de maio, período no que se poderán depositar únicamente plásticos limpos derivados da actividade agrícola ou gandeira nos puntos habilitados ao longo do municipio.

Os lugares dispoñibles para facer a entrega dos materiais son: o campo da feira de Lousada, a zona fronte á estación de servizo Cruz da Veiga en A Veiga, o terreo da ITV en San Román, a área diante do campo de fútbol de Grolos, o espazo xunto ao punto limpo de Guntín, o campo da festa de Francos, o campo da festa de Mosteiro e A Mota, en Vilasuso.

O Concello lembra que está totalmente prohibido depositar estes materiais fóra das datas sinaladas. Para cantidades grandes, recoméndase contactar previamente co Concello no teléfono 982 320 001.

⚙ Configurar cookies
0.19889712333679