O Concello de Guntín mellora a pista de tenis municipal

LugoXa
O Goberno local completa a posta a punto da instalación deportiva cunha renovación integral
pista-de-tenis-Guntín
2 Dec 2025

O Concello de Guntín vén de rematar unha serie de actuacións destinadas a actualizar e mellorar a pista de tenis municipal, un espazo moi utilizado pola veciñanza e que agora ofrece condicións máis adecuadas para a práctica deportiva.

Entre os traballos realizados inclúense o repintado das liñas de xogo, a substitución da rede por un modelo novo e máis resistente e a renovación completa do sistema de iluminación, que pasa a empregar luces LED de menor consumo e maior eficiencia enerxética.

Estas intervencións permiten que a instalación presente un aspecto renovado e funcional, garantindo un uso máis cómodo e seguro para todas as persoas usuarias e respondendo así á demanda dun espazo deportivo en óptimo estado.

⚙ Configurar cookies
0.072654008865356