O Concello de Guntín mellora os accesos e núcleos de Castro e A Retorta

LugoXa
As actuacións en Pradeda e Santa Cruz buscan aumentar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade veciñal
Nucleo-A-Retorta-Guntin
27 Aug 2025

O Concello de Guntín continúa a avanzar na posta a punto da súa rede viaria municipal cunha nova actuación na parroquia de Pradeda, que incluíu a mellora do acceso e do núcleo de Castro.

Estes traballos permiten facilitar a mobilidade veciñal, incrementar a seguridade viaria e apostar pola calidade de vida no medio rural, reforzando o compromiso do Concello co mantemento e mellora das infraestruturas.

Ademais, os labores de mellora alcanzaron tamén o acceso e o núcleo de A Retorta, na parroquia de Santa Cruz, proporcionando vías máis seguras e cómodas para a veciñanza no seu día a día.

Estas actuacións en ambos os núcleos reflicten a prioridade do Concello por garantir infraestruturas de calidade no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.14151287078857