O Concello de Guntín promove un obradoiro de verán para facilitar a conciliación familiar

LugoXa
Durante o obradoiro, os cativos poderán participar en múltiples actividades lúdicas e educativas
concello-guntin
14 Jun 2025

O Concello de Guntín vén de anunciar a organización dun obradoiro de verán dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 29 de agosto.

A iniciativa levarase a cabo de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, co obxectivo de apoiar ás familias na conciliación da vida laboral e persoal durante os meses de verán.

Durante o obradoiro, os cativos poderán participar en múltiples actividades lúdicas e educativas, ademais de desfrutar de excursións, xogos, piscina e inchables.

O Concello destaca que esta proposta busca ofrecer unha alternativa de lecer segura, divertida e enriquecedora para os máis pequenos, ao tempo que supón un importante apoio para os pais e nais durante a tempada estival.

⚙ Configurar cookies
0.17102408409119