O Concello de Guntín publicou unha macrolicitación de máis de 1.400.000 euros

LugoXa
Púidose levar a cabo isto grazas á realización de estudos extratéxicos en cada concello, sendo financiados estes polo INEGA
concello-guntin
5 Nov 2024

O Concello de Guntín publicou unha macrolicitación de máis de 1.400.000 euros como representante da Agrupación Enerxética de 6 concellos que forman a agrupación enerxética: Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Taboada, Antas de Ulla e Guntín.

Dita licitación aparece na Plataforma de Contratos do Sector Público con Publicación no Diario Oficial da Unión Europea.

Púidose levar a cabo isto grazas á realización de estudos estratéxicos en cada concello, sendo financiados estes polo INEGA da Xunta de Galicia. Este estudo ten como obxetivo conseguir que as potencias contratadas se axusten a realidade e tamén plantexar melloras de eficiencia enerxética en cada un dos Concellos.

A cuantía do contrato ascende a cantidade de 1.424.506,59 euros, a cal inclúe dous anos de contrato. Neste acordo, tamén se contempla a posibilidade de prorrogar esta licitación durante dous anos máis.

Con isto, todos os concellos buscan realizar un aforro nas súas facturas e conseguir así o mellor prezo posible na enerxía eléctrica.

0.16510486602783