O Concello de Guntín ten todo preparado para un novo curso no PAI
LugoXa
Este espazo de carácter diurno e continuado ten como obxectivo apoiar ás familias e facilitar a conciliación

3 Sep 2025
O Concello de Guntín vén de anunciar que ten todo preparado para un novo curso no Punto de Atención á Infancia municipal, un servizo dirixido a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos.
Este espazo de carácter diurno e continuado ten como obxectivo apoiar ás familias e facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, ofrecendo unha atención especializada e de calidade.
Así, desde o Goberno local defenden que apostan por servizos que melloran o benestar da veciñanza e axudan a construír un futuro mellor para os máis pequenos.