O Concello de Lugo abonou un total de 1111 facturas a proveedores municipais

LugoXa
O Concello de Lugo abonou entre xullo e setembro de 2021 un total de 1.111 facturas, principalmente a pequenos e medianos provedores.
Imaxe de arquivo da edil de Gobernanza co persoal do servizo de Tesourería
24 Nov 2021

O Concello de Lugo abonou entre xullo e setembro de 2021 un total de 1.111 facturas, principalmente a pequenos e medianos provedores, por valor de 12.602.021 euros, o 82’09% deste importe dentro do prazo legal establecido.

Esta é a principal conclusión – segundo sinalou a edil de Gobernanza - do informe de morosidade do terceiro trimestre do ano, no que tamén se pon de manifesto a solvencia económica da administración local que nos últimos tres meses rebaixou a 46’55 días o período medio de pago estimado (PMPE), dentro dos 60 que determina a lei.

“O documento constata que neses tres meses do exercicio, grazas á implantación dos protocolos de traballo internos que estamos a aplicar, fomos quen de incrementar a cantidade de diñeiro que se paga en prazo aos provedores municipais, pasando do 76’47% ao 82’09 % con respecto ao primeiro trimestre, indicou Paula Alvarellos que ta mén destacou que, xeralmente, a maioría das facturas que quedan pendentes perten cen ou ben ás grandes compañías de subministración eléctrica e gas – pola súa espe cial dificultade na conformación – ou se corresponden con demoras nas que incorren as propias empresas á hora de presentar as facturas.
“Esta comparativa non só nos permite extraer que se está a rexistrar unha mellora cuantitativa senón que está a ter, alén, repercusións sobre a inmediatez coa que se re aliza o pagamento, que se acurtou en case dez días sobre o balance de primeiros de ano, pasando o PMPE das 53’42 xornadas de media que se tardaba en realizar o pago ao inicio de 2021, ás 46’55 nas que se materializa agora”, abondou a concelleira.

A responsable da área económica aclarou que esta cifra diminúe cando o que se se contabilizan son os días que transcorren dende que se aproba o gasto ata que se ma terializa o seu pago efectivo (PMP), un dato que no mes de setembro chegou a baixar até os 7’75 días (menos dun terzo do prazo legal establecido en 30 días).

“Dende o executivo queremos amosar a nosa satisfacción porque os pasos que leva mos dados até o momento, en prol da eficacia administrativa e para que esta reverta nunha maior axilidade burocrática e unha mellor atención cidadá, estean a dar resulta dos. Son o froito da posta en marcha de moitas medidas, dende a organización do per soal pasando pola simplificación dos procedementos, pero tamén do firme compromiso amosado pola rexedora, Lara Méndez, para que nun contexto social de tanta incertidu me como o que está a propiciar a pandemia, o Concello sexa o principal apoio dos sec tores produtivos do municipio”, concluíu Paula Alvarellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18822407722473