O Concello de Lugo abre o programa de subvencións para asociacións veciñais

LugoXa
Cristina López presenta o programa de subvencións de 2023 para asociacións veciñais, que contempla un orzamento de 45.000€
cristina lopez concelleira bng lugo
17 Xul 2023

A Área de Participación contempla un orzamento de 45.000€ para estas axudas, necesarias para manter a actividade do tecido asociativo local.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou o programa de subvencións para a veciñanza e as asociacións de veciñas e veciños que desenvolven a súa actividade sen ánimo de lucro neste 2023.

A área de Participación inviste 45.000€ nestas subvencións, dirixidas a asociacións veciñais do concello de Lugo. As asociacións poderán presentar proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas.

Cristina López destacou que "esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano", e engadiu "desde o Goberno de Lugo mantemos o noso compromiso co tecido asociativo local".

0.19403195381165