O Concello de Lugo acondiciona o Paseo do Miño

LugoXa
O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou os traballos que se concentraron no sendeiro que discorre xunto aos xardíns do Balneario
Acondicionamento Miño
19 Maio 2022

O Concello de Lugo iniciou hoxe un operativo especial de limpeza e acondicionamento no Paseo do Miño. Unha intervención que supervisou o responsable da área de Medio Ambiente, Miguel Fernández, quen explicou que as actuacións desenvólvense “no treito que discorre en paralelo aos xardíns do Balneario”.

“Pretendemos mellorar unha contorna que é moi frecuentada pola veciñanza no seu tempo de lecer e para a práctica deportiva na natureza”, explicou Fernández.

O dispositivo mobilizado pola área de Medio Ambiente compúxose dunha brigada dotada cun dumper pequeno, unha máquina compactadora e catro operarios que, provistos do material necesario, fixeron fincapé tanto na limpeza como no arranxo do firme.

Segundo referiu o concelleiro, nun traxecto de 110 metros, procedeuse primeiramente a realizar tarefas de mantemento como a roza das marxes do camiño, eliminando tanto a vexetación como outro tipo de material acumulado, ata obter un piso nivelado sobre o que poder facer o reforzo do chan.

A continuación estendeuse unha capa de xabre de 15 -20 centímetros para eliminar a presenza dos foxos xurdidos coas inundacións que sofre esta zona de servidume do río.

“Labores que comezaron onte e finalizaron esta mesa mañá e que redundarán no estado no que se atopa un dos principais roteiros peonís cos que contamos no municipio”, sinalou o concelleiro.

0.189120054245