O Concello de Lugo adxudicará este mércores as obras da rotonda de San Eufrasio

LugoXa
Con esta infraestrutura, o goberno local pretende eliminar un dos principais puntos negros do tráfico urbano na cidade
lugo san eufrasio zona futura rotonda
16 Mar 2021

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobará este mércores a contratación das obras para construír a chamada rotonda de San Eufrasio. Así o adiantou hoxe o tenente de alcalde e edil de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, quen lembrou que, coa construción desta infraestrutura, o goberno local pretende eliminar un dos principais puntos negros do tráfico urbano na cidade.

Coa nova rotonda, situada nas inmediacións da estación do tren, verase mellorada a circulación de vehículos ao tempo que se "aumentará a seguridade viaria", dixo Arroxo. Lembrou ademais que esta obra é posible agora pola cesión dese tramo de estrada que fixo o Goberno galego a favor do Concello lucense.

O proxecto adxudicarase á empresa Ovisa Pavimentos e Obras por 107.871 euros, e terá un prazo de execución de seis meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16742992401123