O Concello de Lugo apoia os veciños das parroquias de Outeiro e Santa María Alta

LugoXa
Proporán no pleno estar do seu lado ante as posibles repercusións derivadas da instalación dunha granxa porcina no municipio veciño de Friol
Reunion-Lugo-veciñanza-santa-maria-alta-e-outeiro
18 Feb 2025

O Grupo Municipal Socialista de Lugo proporá á corporación municipal apoiar á veciñanza das parroquias da zona oeste do municipio ante as posibles repercusións derivadas da instalación dunha granxa porcina no municipio limítrofe de Friol.

Neste sentido, o grupo socialista suxirá que o Concello de Lugo se comprometa a apoiar as accións emprendidas e acordadas de forma consensuada pola cidadanía de Outeiro e Santa María Alta, co obxectivo de protexer a súa calidade de vida fronte ás posibles repercusións desta explotación, que se proxecta na área da Retorta, na parroquia de Vilalvite.

“Ao tratarse dunha instalación desta envergadura, non podemos pasar por alto os efectos que pode ter sobre o medio ambiente e a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Por iso, consideramos importante para o municipio de Lugo seguir de preto o avance deste proxecto e brindar apoio ás persoas afectadas dentro do noso termo municipal nas accións que decidan levar a cabo para defender a calidade do aire nas súas zonas de residencia”, afirmou Ana González Abelleira.

0.1714129447937