O Concello de Lugo aproba a OPE do 2023 que convocará 36 prazas

LugoXa
O Concello de Lugo aprobará este mércores a Oferta Pública de Emprego para o 2023 na que se inclúe a convocatoria dun total de 36 prazas.
26 Dec 2023

O Concello de Lugo aprobará este mércores a Oferta Pública de Emprego para o 2023 na que se inclúe a convocatoria dun total de 36 prazas. O edil de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy, avanzou que “a 28 delas se poderá acceder mediante concurso de oposición libre e as 8 restantes serán de promoción interna, co obxectivo de abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos diversos servizos, garantir as cadeas de mando e mellorar a eficacia dos diferentes departamentos, especialmente no que ten que ver coa atención cidadá”.

Así, na OPE deste exercicio se contempla a cobertura das vacantes existentes na Brigada de Augas, Cemiterio, Parque Móbil, Arquitectura, Policía Local, Bombeiros así como as existentes nos diferentes centros cívicos para os postos de traballador social, ordenanza, animador ou psicólogo.

“A nosa pretensión é aproveitar, ao máximo posible, a capacidade das taxas de reposición que, para algúns sectores chegan ao 120 e 125 %”, engadiu Permuy Villanueva. O responsable da área de Recursos Humanos destacou que a proposta saiu adiante co apoio de todas as forzas sindicais representadas na Mesa de Negociación, agás unha abstención, ao tempo que agradeceu a colaboración e o traballo realizado.

0.17188096046448