O Concello de Lugo aproba axudas económicas en prol da protección animal
O Concello de Lugo aproba, en Xunta de Goberno, unha achega económica de 200.000 euros para a Sociedade Protectora de Animais e Plantas e outra de 15.000 euros para a Asociación de Michos. O Goberno local revalida así o seu compromiso en prol da protección dos animais abandonados.
As axudas, enmarcadas no Plan Estratéxico de Subvencións, obedecen aos convenio de colaboración subscritos entre o Concello de Lugo e ámbalas dúas entidades e se corresponden coa actualización da cota anual para o exercicio en curso.
O tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, Miguel Fernández, subliñou que “o obxectivo destas subvencións é apoiar ás entidades para que poidan mellorar o coidado dos animais que acollen nas súas instalacións, velando tamén polo control sanitario das colonias felinas existentes na cidade e fomentando a concienciación e bo comportamento da veciñanza ao respecto dos abandonos”.
O edil cualificiou de “moi valioso” o traballo que desenvolven tanto a Protectora como a Asociación Michos e sinalou que “a Administración local quere contribuír a ese labor a través destas achegas para que dean cobertura a cuestións tan importantes como a manutención e o benestar dos exemplares pero que tamén posibilitará a realización de campañas de sensibilización e doutras actividades educativas en prol da protección e o respecto ao medio ambiente”, concluíu Miguel Fernández.