O Concello de Lugo aumenta o gasto político nesta lexislatura
Tal e como se esperaba o Pleno de Organización do Concello de Lugo, que manterá o réxime de sesións do último xoves de cada mes, aprobou onte o gasto político para a lexislatura que agora comeza. Este contou co respaldo do PSOE e BNG e a abstención do PP.
Segundo puxeron de manifesto, o gasto político situarase en 1.680.000 euros, que sobe respecto aos anos anteriores, nos que xa se aplicaran varias subas.
O Executivo municipal aprobou a contratación dun total de 19 asesores – dos 25 que permite a lei - para os diferentes grupos municipais da Corporación, a razón de 10 para o PSOE, 6 para o BNG e 3 para o PP, o que supón un traballador máis con relación ao pasado mandato.
O Goberno local autorizou un incremento do mesmo entorno ao 13’5% con relación ao exercicio en curso, de maneira que os salarios dos concelleiros sube para equipararse ao básico dun/ha xefe/a de servizo (pasaría de 48.400 € a 53.400€), mentres que os do/as asesore/as se igualan tamén, segundo categorías, aos dun/ha administrativo/a, un/a técnico/a medio e un/ha técnico/a A1.
O principal aumento obedece á asignación dos grupos políticos, que recupera os valores de 2011 logo da diminución acordada no mandato 2015 – 2019, pasando, no seu conxunto de 17.300 € ao mes a 24.000 €.
Pola súa parte, o salario de alcaldesa, cuxo tope legal estaría establecido – segundo as características do municipio – en 87.000 euros – soberá ata os 74.000€.
O Concello de Lugo constituiu tamén a Xunta de Goberno Local deste próximo mandato que, como nos últimos anos, manterá a súa sesión os mércores ás 10:00 horas.
O órgano estará presidido pola rexedora e integrado polos tenentes de alcaldesa Rubén Arroxo, Miguel Fernández, Paula Alvarellos, Maite Ferreiro, Mauricio Repetto, Ana Abelleira e Cristina López.