O Concello de Lugo aumenta os espazos peonís realizando unha nova intervención na rúa Río Sil

LugoXa
O Goberno de Lugo aumenta os espazos peonís da cidade realizando unha nova intervención na rúa Río Sil para mellorar a seguridade viaria
espazos peonis rio sil lugo arroxo
17 Nov 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai visitaron a rúa Río Sil onde vén de comezar a renovación da parte inferior da rúa, na unión coa avenida Infanta Elena. Rubén Arroxo explicou que “nos últimos meses reordenamos o tráfico nesta rúa, poñendo fin a un dos puntos negros máis importantes de Lugo e agora continuamos a mellorar esta zona para dar unha solución definitiva que mellore tamén a estética da zona”.

O Tenente Alcalde lembrou que “realizamos distintas probas para atopar a mellor maneira para garantir a fluidez do tráfico e a seguridade viaria e da veciñanza nos cruces da rúa Río Sil”, e explicou que “despois das probas, o treito de Río Sil que circula entre Río Cabe e a rúa Monforte pasou a ser unidireccional dado que foi a solución máis viable tecnicamente”.

Os traballos que comezaron a executarse hoxe consisten na mellora estética da zona afectada. “Ampliarase a beirarrúa, creando un novo espazo para o desfrute de toda a veciñanza no treito que se pechou á circulación de vehículos”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “tratamos de actuar o máis rápido posible para facer definitiva esta solución e mellorar a imaxe da zona, eliminando os elementos provisionais que se colocaron nun primeiro momento”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17384696006775