O Concello de Lugo autoriza a instalación de caldeiros nas rúas durante o San Froilán

LugoXa
Os locais de hostalería poderán vender polbo en espazos peonís garantindo a seguridade de peóns e vehículos
pulpo-polbo
23 Sep 2025

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno local permitirá aos distintos locais de hostalería da cidade instalar caldeiros nas rúas para a venda de polbo durante o San Froilán. Segundo explicou, esta iniciativa recibe cada ano unha moi boa acollida entre os profesionais do sector e, nesta edición, a autorización abranguerá do 3 ao 12 de outubro.

Arroxo destacou que os establecementos interesados deberán garantir sempre o tránsito peonil, o acceso a vivendas, garaxes ou locais comerciais, e asegurar a circulación segura das persoas. Ademais, os caldeiros deberán estar protexidos no seu perímetro para evitar o contacto directo do público.

O tenente de alcalde advertiu que, de non cumprirse a normativa, poderase ordenar a retirada total ou parcial de calquera elemento que interfira co tránsito de peóns ou vehículos, ou que supoña un risco para a seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.10614895820618