O Concello de Lugo celebrou o Día das Letras Galegas con diversos actos

LugoXa
A xornada contou cun concerto gratuíto da agrupación Claustro Música, xunto con 8 actividades na Feira do Libro
Día-das-Letras-Galegas-Lugo
17 May 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, acompañado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron ás actividades que acolle a cidade de Lugo coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas.

Maite Ferreiro animou a toda a veciñanza a pasear por Lugo esta fin de semana e asistir ás distintas actividades culturais que se organizan dentro dos múltiples ciclos de programación que teñen lugar estes días, dado que "xunto ás actividades do día das Letras Galegas acollemos a celebración do centenario de Ulises e a celebración do Día dos Museos", afirmou Maite Ferreiro.

A xornada contou cun concerto gratuíto da agrupación Claustro Música, xunto con 8 actividades na Feira do Libro, que celebrou hoxe a súa xornada de despedida, e unha intensa xornada de tarde dentro da programación do Centenario de Ulises, con faladoiros, concertos e un brinde poético.

A programación cultural na fin de semana continuará o sábado cos concertos de Clo Plas, ás 12.45 horas no exterior do Centro Arqueolóxico de San Roque, e a portuguesa Malva, ás 18.30 horas no exterior da Sala de Exposicións Porta Miñá. A xornada de peche será con Ulysses European Oddisey, con 5 actividades na súa última xornada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.075409173965454