O Concello de Lugo comprométese a ampliar o alcance das actividades polas asociacións

LugoXa
López afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo
Concello-de-Lugo-coa-asociación-Veciñal-da-Praza-das-Illas
25 Mar 2025

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo un encontro coa Asociación Veciñal da Praza das Illas, onde reafirmou o seu compromiso para "ampliar o alcance das actividades organizadas anualmente a través das asociacións veciñais".

López escoitou as necesidades desta asociación, "continuando cun dos principais eixos de traballo que executamos desde a Tenencia de Alcaldía, o contacto constante coa veciñanza e a visita aos distintos barrios para coñecer as necesidades directamente por parte das veciñas e veciños".

López afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. "Traballamos para seguir mellorando a cidade", afirmou, e engadiu "desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo".

0.16660785675049