O Concello de Lugo conmemora o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares

LugoXa
O Concello de Lugo ilumínase este luns de vermello para conmemorar o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares
concello de lugo 1
15 Nov 2021

O Concello de Lugo conmemora hoxe o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares, que se celebra cada 15 de novembro, iluminando de cor vermella a fachada da Casa Consistorial durante o anoitecer.

Con este xesto, a institución local busca apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta doenza e darlle visibilidade.

As enfermidades neuromusculares (ENM) son un conxunto de enfermidades que afectan á musculatura e ao sistema nervioso, que poden ser hereditarias ou adquiridas, son dexenerativas e producen discapacidade.

Coñécense máis de 150 ENM, que pola frecuencia con que se presentan forman parte do conxunto das denominadas "enfermidades raras". As manifestacións da enfermidade poden producirse en calquera etapa da vida: na infancia, na adolescencia ou na idade adulta.

Este ano a Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (Federación ASEM), e as súas 29 asociacións, puxeron en marcha a campaña ‘Capaces15N’, con motivo da celebración deste data, a que suma o Concello de Lugo.

0.1662609577179