O Concello de Lugo convenia a reforma do centro de saúde da Milagrosa

LugoXa
O Concello de Lugo e a Xunta asinan o convenio para colaborar nas obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa.
O Concello de Lugo súmase á celebración do Día Internacional da Síndrome de Down
23 Xuño 2022

O Concello de Lugo asinou hoxe o convenio de colaboración que establece as bases, entre o Goberno autonómico e o local, para levar a cabo as obras de reforma no centro de saúde da Milagrosa. Unhas obras que contan cun orzamento total estimado en torno aos 2,5 millóns de euros.

No convenio, que o conselleiro remitira á alcaldesa o pasado marzo solicitando a colaboración municipal no proxecto, a administración autonómica asume o compromiso de contratación de proxecto e obra mentres que o concello asume o de regular na ordenanza fiscal a exención do IBI para os centros sanitarios de titularidade autonómica así como o de modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para recoller a bonificación do 95% para obras de especial interese municipal e dar á obra do centro de saúde da Milagrosa dita consideración.

A reforma do Centro de Saúde de A Milagrosa en Lugo figura na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo Consello da Xunta en outubro de 2021. Na diagnose do Plan priorizouse a necesidade desta reforma xa que este centro de saúde, de 48 anos de antigüidade, ocupa os espazos dun antigo sanatorio nun edificio de 4 plantas con problemas de accesibilidade e de funcionalidade e tamaño nos espazos asistenciais de consultas e salas.

Ademais, a próxima posta en marcha do Centro Integral de Saúde de Lugo no barrio da Residencia, tralo investimento de 12 millóns de euros por parte do goberno galego, mudará a demanda asistencial en A Milagrosa.

Nese sentido, formulouse un plan funcional que prevé, dentro da reforma integral do centro, situar 6 consultas de medicina de familia, 6 de enfermería, 1 despacho de traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 consultas de docencia e 2 salas polivalentes; ademais de espazos como almacén, sala de espera, aseos, zona de admisión, sala de estar do persoal, vestiarios, sala de xuntas, oficios…

Nos orzamentos deste ano 2022 dentro da partida de 4.203.320 para “Reformas e melloras de centros de saúde” existen 2,6 millóns de euros para licitar as obras de reforma de centros de saúde que figuren na prioridade 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria adicando a cantidade de 500.000 euros ao Centro de Saúde de A Milagrosa.

A tal efecto, o Diario Oficial de Galicia de 21 de marzo publicou a encomenda que o Sergas fai á Axencia Galega de Infraestruturas para xestionar a redacción do proxecto e a execución das obras, atopándose neste momento en preparación os pregos para licitar a contratación do proxecto arquitectónico.

0.20369100570679