O Concello de Lugo cumpre dúas sentenzas xudiciais en materia de recursos humanos
LugoXa
A Xunta de Goberno Local validará este mércores dar cumprimento a dúas sentencias xudiciais en materia de recursos humanos.
14 Maio 2024
A Xunta de Goberno Local validará este mércores dar cumprimento a dúas sentencias xudiciais en materia de recursos humanos. Deste xeito, o Executivo municipal aprobará, por unha banda, retrotraer o proceso de nomeamento por libre designación do posto de Xefe/a de Servizo de Arquitectura ao momento anterior á reclamación realizada por unha das persoas aspirantes.
Así mesmo, o Concello notificará ao longo dos próximos días á anterior xefa de Persoal para que comunique a súa intención de reincorporarse á Administración local. Acátase, así, un imperativo legal ao tempo que o equipo de Goberno continúa traballando para avanzar na cobertura das prazas vacantes e na dotación de persoal para os distintos servizos municipais.