O Concello de Lugo destina 107.000 euros para a roza nas parroquias do municipio

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo destina 107.000 euros para el desbroce en las parroquias del municipio mejorando así el estado de las carreteras.
desbroce roza
16 Feb 2022

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo autoriza hoxe a prórroga do contrato para proceder á realización da roza nas parroquias do municipio. Esta actuación conta cun investimento de 107.000 euros cada ano e coa que se pretende mellorar o estado de conservación das estradas pero, sobre todo, velar pola seguridade viaria da cidadanía.

Un expediente dividido en 4 lotes co obxectivo de permitir a simultaneidade das tarefas nas zonas norte, sur, leste e oeste do termo municipal.

Así, as adxudicatarias disporán dun prazo de tres meses para executar os labores de limpeza da maleza, tanto mecánica como manual, nos que se inclúen as dúas marxes da calzada, cunetas e gabias, pero tamén os paseos, campos da festa, explanadas ou prazas que sexan de titularidade pública.

Intervencións que, no seu conxunto, afectan a un total de 750 quilómetros de vías e que se completan coa roza dos camiños e das pistas forestais que, durante todo o ano se acometen coa maquinaria do Parque Móbil para tratar de previr incendios.

OUTROS ASUNTOS DA ORDE DO DÍA

Este é un dos expedientes que se abordarán na sesión desta semana, na que o Equipo de Goberno, aprobará, alén, a continuidade das adxudicacións actuais para a explotación do servizo das cafeterías anexas ás piscinas cubertas das Pedreiras (1.237 euros/ mes) e Frigsa, (521 €/mes), así como a do soporte e mantemento das plataformas electrónicas da E-Administración para os compoñentes TeCol e SeCol cun custo de 135.631 euros e a dos servizos bancarios que se presta cun terminal de punto de venda nas dependencias municipais.

De igual xeito, serán validadas tamén 6 licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas entre as que destacan a ampliación dunha explotación avícola en Airexe, a rehabilitación dunha vivenda tradicional en Vilar ou a reestruturación dun edificio na rúa San Pedro, que, conxuntamente, promoverán un investimento de 582.694 euros.

Así mesmo, o Concello dará trámite dunha solicitude ao MITMA para que informe sobre a afectación á infraestrutura ferroviaria do desenvolvemento do Plan Parcial do Sector S-5.I do PXOM que executa a iniciativa privada e procederá á aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela do parque empresarial das Gándaras para posibilitar futuras modificacións ou ampliacións da mesma.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15481400489807