O Concello de Lugo contesta ao PP que firmará un convenio para o uso de pistas
A área de Deportes do Concello de Lugo informa de que, actualmente, está a redactar un convenio propio de colaboración co Goberno autonómico para asumir a cesión das pistas de atletismo e do polideportivo Cidade Cultural, ubicadas na avenida Rodríguez Mourelo, fóra do horario lectivo, co obxecto de poder ofrecerllas aos clubs locais para que realicen alí os seus adestramentos, ampliando así as instalacións dispoñibles na cidade para a práctica deportiva.
Unha aclaración que vén en resposta a un comunicado do concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy no que explica que o goberno local non realizou en prazo a solicitude aos IES que hai no municipio, que rematou o 30 de setembro, para poder empregar as instalacións deportivas destes centros educativos e que piden a posta a disposición das instalacións que hai nos CEIP xa que axudarían a desatascar a saturación existente nas poucas pistas dispoñibles para os clubs ou para a práctica do deporte libre por calquera veciño.
O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy explica que realiza esta petición despois de coñecer que o goberno local non realizou en prazo a solicitude aos IES que hai no municipio, que rematou o 30 de setembro, para poder empregar as instalacións deportivas destes centros educativos
que se toma logo da evolución que segue a pandemia e que, pouco a pouco, está a permitir a recuperación do nivel de actividade ordinaria que existía antes da covid.
Estas dúas instalacións, pistas de atletismo e polideportivo, son os únicos equipamentos autonómicos existentes na capital que, tecnicamente, mellor se adecúan ás necesidades dos clubs federados que precisan de infraestruturas con pavimentos adaptados á súa actividade, canastras homologadas e outro tipo de dotacións como vestiarios con auga quente. Motivo polo que o Concello descartou adherirse ao convenio marco da FEGAMP para a utilización os CEIPS e IES e que implicaría, entre outras esixencias, ampliar o contrato municipal de limpeza de instalacións deportivas, actualmente en vigor, para darlle cobertura tamén a estes centros, adoptar fórmulas de copago da subministración enerxética e dotar cada unha das dependencias do persoal necesario para abrilas, pechalas e vixialas cando foran utilizadas para o Concello.