O Concello de Lugo forma parte da rede RAOGAL que atende ao alumnado máis vulnerable

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo forma parte de la red RAOGAL que se encarga de atender al alumnado más vulnerable de la ciudad.
Olga Lópezreunión da rede RAOGAL II
25 Mar 2022

O Concello de Lugo vén de integrarse na rede RAOGAL de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar de Galicia para poder actuar, ao abeiro do Plan Recupera, na atención ao alumnado máis vulnerable.

A rede - configurada por 32 centros experimentais como Unidade de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar (UACO), dos que forman parte en Lugo o Instituto Leiras Pulpeiro, e os CEIP Luis Pimentel e Paradai - convidou á Administración local a traballar man a man con eles co obxectivo de prestar unha asistencia máis completa ao estudantado menos favorecido.

“Son casos que exceden a perspectiva estritamente e educativa e cómpre abordar dende outros ámbitos como a seguridade cidadá ou a sanitaria e mesmo nos que, dende o Concello podemos facilitar apoio e medios para garantir que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades”, explicou a concelleira de Benestar, Olga López Racamonde.

A edil participou esta mañá nunha xuntanza na que estiveron presentes todos os axentes implicados que coordinarán esforzos na mellora da atención aos menores e ás súas famililas.

Trala presentación por parte dos centros educativos ao Concello, dende a área que dirixe López Racamonde, que tamén estivo representada pola xefa dos Servizos Sociais municipais, Pilar Rodríguez, convidouse á Policía Local, Policía Nacional, Xerencia do HULA e Traballadoras Sociais do Hospital, así como ás xefaturas territoriais de Educación e Política Social para tomar contacto con esta unidade e ir dando pasos no seu cometido.

A iniciativa está financiada conxuntamente pola UE (Next Generation), Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

0.22266316413879