O Concello de Lugo habilita unha cociña na Praza de Abastos

LugoXa
O Concello de Lugo vén de habilitar, nun dos postos baleiros da Praza de Abastos, unha cociña coa que ampliar a oferta cultural dese espazo.
Cociña praza (2)
28 Maio 2022

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo vén de habilitar unha cociña nun dos postos da Praza de Abastos. Cristina López explicou que “continuamos a ampliar a oferta da Praza e do Mercado Municipal cunha nova cociña que nos permitirá ampliar as actividades que realizamos nestas instalacións”.

Cristina López destacou o “éxito” das actividades que se realizan habitualmente na praza. “Nos últimos meses organizamos tanto actividades para facilitar a conciliación familiar e achegar ás familias os distintos productos cos que se comercia na praza”.

A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

0.19744300842285