O Concello de Lugo insta á Corporación a respaldar a Lei de Memoria Democrática

LugoXa
O texto presentado polo Grupo municipal sinala na súa parte expositiva que é preciso non esquecer que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado
concello-de-lugo-1
Concello de Lugo
24 May 2024

A área socialista do Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición na que insta a corporación a amosar o seu apoio e respaldo ao cumprimento da de Memoria Democrática, e a todas aquelas iniciativas que, amparadas neste marco xurídico, promovan a recuperación da memoria histórica no municipio.

“Nos últimos tempos, e coincidindo co auxe das correntes políticas máis reaccionarias, o desenvolvemento desta lei está a verse comprometido nalgúns territorios do Estado. Debido a este risco real de que se retroceda no camiño percorrido, desde este grupo municipal, consideramos necesario reafirmar o compromiso do Concello de Lugo e de todos os grupos representados na súa corporación con esta causa”, sinalou a voceira municipal, Ana González Abelleira.

O texto presentado polo Grupo municipal sinala na súa parte expositiva que é preciso non esquecer que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado, senón de confrontalo de maneira honesta e reflexiva. No caso de España, a Guerra Civil e a posterior ditadura franquista deixaron profundas feridas na sociedade, moitas das cales aínda non se pecharon completamente. A Lei de Memoria Democrática busca abordar estas feridas mediante o recoñecemento oficial das vítimas e a recuperación da verdade histórica sobre o sucedido.

“Consideramos polo tanto que, ao avanzar na consolidación e o cumprimento desta norma, envíase unha mensaxe clara de que o Estado asume a responsabilidade de enfrontar o seu pasado e de garantir que as inxustizas cometidas non sexan esquecidas nin trivializadas. Algo esencial para a reconciliación social, xa que permite que a cidadanía recoñeza e respecte as experiencias e sufrimentos dos demais, sentando as bases para a construción dunha sociedade máis consciente do seu pasado”, explicou a voceira.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18827509880066