O Concello de Lugo investirá 100.000 euros na remodelación do parque infantil do Sagrado Corazón

LugoXa
Miguel Fernández supervisou estes traballos e puxo en valor “o avance que esta zona infantil supón para a modernización e a convivencia no barrio”
obras-remodelación-parque-infantil-Sagrado-Corazón-Lugo
5 May 2025

Comezan as obras de remodelación do parque infantil do Sagrado Corazón, no que o Concello de Lugo investirá preto de 100.000 euros.

Trátase dun espazo de xogos duns 30 metros de largo, que ocupa o ancho da rúa paralela ao centro de saúde do Sagrado Corazón, e que estará perimetrado e valado, cun dous accesos e con cinco xogos e unha infraestrutura de torre múltiple.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisou estes traballos e puxo en valor “o avance que esta zona infantil supón para a modernización e a convivencia no barrio”, así como lembrou que “este parque se suma aos outros 83 áreas recreativas que hai na cidade, e que no caso das zonas infantís se prima a seguridade e o desenvolvemento cognitivo e físico das nenas e nenos”.

O prazo de execución para esta actuación é de aproximadamente un mes e o remodelado parque constará dunha estrutura ou torre múltiple, con tobogán, pasarela, ponte, túnel, ramplas e redes de escalada e paneis lúdicos, ademais doutros cinco xogos para dotar ao parque de tobogán, balancíns tanto de dúas prazas como individual, escaleira en arco grande e columpio con cesta.

ELEMENTOS DO PARQUE

Co obxectivo de salvar o desnivel da propia rúa, o parque presenta varios elementos integrados como un tobogán, unha zona de escaleiras e unha rampla de escalada con presas.

A seguridade, confortabilidade e durabilidade do solo coidouse ao máximo e por iso instalarase un pavimento de caucho continuo, con revestimento decorativo, respectuoso co medio ambiente e con propiedades antiescorregadizas e outras características técnicas que garanten unha longa durabilidade e boa resposta ao uso á intemperie.

Ademais, todos os elementos que conforman esta área recreativa seguen a liña dos outros parques da cidade, con xogos fabricados con materiais reciclados e pouco contaminantes, que tamén teñen a capacidade de integrarse na paisaxe urbana dos distintos barrios.

MÁIS PARQUES DE LUGO

Coa próxima entrada en funcionamento do renovado parque infantil do Sagrado Corazón, o Goberno Local segue a renovar e mellorar as 84 áreas recreativas que hai na cidade, entre parques infantís e áreas recreativas.

Estas infraestruturas requiren dun importante labor de mantemento, conservación e reposición, que na última década supuxo unha inversión de máis de 1,7 millóns de euros en 18 parques infantís.

Así, con este orzamento creouse un novo parque na Praza de Bretaña; ampliáronse outros, como o de Albeiros; se cubriron os da praza do Agro do Rolo e Augas Férreas, e se renovaron outros 14, entre eles Gallego Tato, Praza do Castiñeiro, Campo Castelo, Milagrosa, Parque de Rosalía, Aquilino Iglesias Alvariño, Novo Freire, Avenida das Américas, San Roque ou Montirón, por citar algúns.

Segundo sinalou o alcalde de Lugo, “coa remodelación desta área recreativa seguimos adiante coa posta a punto de espacios de lecer, seguros e cómodos, cos que favorecer o desenvolvemento dos cativos e cativas, o seu crecemento físico e tamén fomentar a súa socialización, mellorando a vida e as relacións entre os veciños e veciñas do barrio”.

⚙ Configurar cookies
0.14525413513184