O Concello de Lugo investirá na mellora das vías de varias parroquias

LugoXa
O Goberno de Lara Méndez inicia a adxudicación de melloras viarias en San Martiño de Piñeiro, Santa Cristina de San Román e Lamas
Miguel Fernandez
14 Jun 2022

O Concello de Lugo aprobará mañá na Xunta de Goberno o inicio do proceso de adxudicación de varias actuacións de mellora de viarios nas parroquias de San Martiño de Piñeiro, Santa Cristina de San Román e Lamas, onde se investirán 158.723 euros.

“Trátase de obras de mellora en estradas que, pola súa antigüidade, e polo deterioro que padecen xunto ca intensidade de tráfico que soportan precisan dunha rexeneración”, explicaba Fernández.

Os puntos onde se actuará son o treito de estrada municipal que atravesa o lugar de Piñeiro, os viarios de Allariz e Camiño de San Román e o acceso que, partindo da estrada provincial CP-2402 atravesa o lugar do Val ata as proximidades da CP-1611, así como as denominadas pistas de Teicelle e da Ferrería. Todas as obras terán un prazo máximo de execución de dous meses.

As execucións beneficiarán directamente ás comunicacións viarias dos veciños das parroquias de San Martiño de Piñeiro, Santa Cristina de San Román e Lamas, co fin de garantir a seguridade da circulación en puntos moi transitados.

Todas están enmarcadas dentro do Plan Único Provincial de Cooperación e “responden ás peticións veciñais existentes nas parroquias e a nosa aposta decidida por impulsar o rural, para fixar poboación e mellorar os servizos e a calidade de vida”, segundo apunta o edil.

0.17236495018005