O Concello de Lugo lembra tramitar o acceso con vehículos ao Casco Histórico

O Concello de Lugo chama á veciñanza a completar a tramitación para obter o acceso con vehículos ao Casco Histórico, antes de que finalice o prazo a finais de setembro, coincidindo coa conclusión do traballo do persoal de reforzo nas instalacións do Edificio de Novas Tecnoloxías. Ata agora, tramitaron a autorización 2.165 persoas.
Os veciños e veciñas poden acudir ao Edificio de Novas Tecnoloxías ou á Unidade de Mobilidade da Policía Local para realizar a solicitude. Estes puntos de atención foron habilitados para facilitar o proceso e garantir que todos os cidadáns que cumpran os requisitos poidan obter a autorización de acceso. O Concello lembra que este trámite é esencial para garantir a mobilidade na zona histórica e preservar o seu valor patrimonial.
O primeiro paso é contactar por teléfono no 982 297 377, onde se asignará unha cita presencial e se indicará a documentación necesaria. Ademais, a tramitación tamén pode realizarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello.