O Concello de Lugo leva 16 anos colaborando cos campamentos urbanos polideportivos Lumieira

LugoXa
A concellería de Deportes e Xuventude colabora cos campamentos Lumieira para fomentar a práctica de ata 40 modalidades deportivas
campamento-verán-Lugo
13 Xul 2024

Co obxectivo de axudar á conciliación laboral e familiar, fomentar a práctica deportiva entre os nenos e nenas e favorecer a inclusión social, o Concello de Lugo, a través das áreas de Benestar Social e de Deportes e Xuventude, leva 16 anos colaborando co desenvolvemento dos campamentos urbanos polideportivos Lumieira, que se celebran cada verán en Lugo desde o ano 2009.

Os meses de xullo e agosto, as distintas instalacións municipais acollen a un total de 50 nenas e nenos á semana, de catro a 14 anos, entre eles dez menores con algunha discapacidade, cuxas prazas neste campamento financia o Concello de Lugo con 5.000 euros, a través da área de Benestar Social.

Neste sentido, o principal obxectivo desta área do Executivo de Paula Alvarellos é favorecer a conciliación familiar ao tempo que se busca a inclusión social e a integración de nenas e nenos con necesidades especiais, incluídos no Programa de Intervención Familiar.

Isto permite que os beneficiarios destas prazas teñan unha convivencia socializadora real nun espacio lúdico e integrador, ao tempo que se responde á demanda de conciliación das súas familias, con amplos horarios de 09.30 a 19.30, e servizos de comedor e merenda. Iguais ou máis amplas posibilidades de conciliación se presta aos pais e nais do resto de participantes nos campamentos, para os que se establecen tamén horarios especiais para madrugadores, e incluso, ampliación da hora de saída, coas noites divertidas que se organizan en días específicos, ata as 22.00 horas.

Pola súa banda, a concellería de Deportes e Xuventude, colabora cos campamentos Lumieira desde dúas vertentes: por unha banda fomentar a práctica de ata 40 modalidades deportivas, o que implica unha nova colaboración con clubs, asociacións e federacións deportivas, dos deportes con maior número de rapaces e rapazas federados, pero tamén con aquelas disciplinas máis minoritarias, dándoas a coñecer e en moitos casos favorecendo novas incorporacións aos clubs, para a práctica continua dos distintos deportes.

Por outro lado, a área de Deportes cede as distintas instalacións municipais para a práctica destas disciplinas, unhas dotacións que mantense a punto grazas ao Plan Dinámico de Intervención para conservar e modernizar as instalacións deportivas do municipio.

Ata de agora, as actuacións de mellora levadas a cabo nestas dotacións superaron os 120.000 euros de inversión, o que permitiu, por exemplo, ter a punto as piscinas municipais de verano; as instalacións do pavillón e as pistas de tenis de Frigsa; outras dotacións da Casa do Deporte; canchas de baloncesto e campos de fútbol municipal.

0.15924286842346