O Concello de Lugo mellora a seguridade viaria na rúa da Industria

LugoXa
A actuación busca facilitar o tránsito de vehículos pesados e reforzar a seguridade nunha das zonas con máis tráfico da cidade
Obras-no-Ceao
20 Oct 2025

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a rúa da Industria para comprobar o avance das obras de mellora da seguridade viaria que se están a realizar nesta vía.

A intervención céntrase na reconfiguración da mediana, seguindo o modelo implantado noutras actuacións nas Gándaras, co obxectivo de mellorar a fluidez do tráfico, facilitar as manobras dos vehículos industriais e reducir riscos nunha contorna de alta circulación diaria.

Arroxo subliñou que “esta é unha das vías máis empregadas polos vehículos pesados que se dirixen aos polígonos industriais de Lugo. Con estas obras garantimos unha circulación máis ordenada e segura, ao tempo que apoiamos a actividade empresarial da cidade”.

Penas, pola súa banda, incidiu en que “a mellora da seguridade viaria é unha prioridade para esta área de goberno, e proxectos como este permiten modernizar os accesos e incrementar a calidade das infraestruturas municipais”.

A rúa da Industria conecta a zona de Benigno Rivera co Polígono das Gándaras, constituíndo un punto estratéxico para o transporte e o desenvolvemento económico da cidade. As obras están sendo executadas pola empresa Construcciones Sanle Lugo cun investimento total de 125.710,78 euros.

⚙ Configurar cookies
0.059370994567871