O Concello de Lugo mellora a unión entre Conturiz e Cardoso

LugoXa
A área de Medio Rural renova o firme da estrada de Conturiz a Cardoso para incrementar a seguridade viaria na zona
Miguel Fernandez obras
20 Jun 2022

O Concello de Lugo acomete estes días as obras de mellora da estrada de Conturiz a Cardoso. En concreto pasa polas parroquias de Santo André de Castro e San Mamede dos Anxos

"Trátase de obras coas que pretendemos incrementar a seguridade viaria nunha calzada que se atopa moi deteriorada debido á súa antigüidade, ao uso que ten e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxía proceder á súa rehabilitación”, explicou o edil titular de Medio Rural, Miguel Fernández.

Miguel Fernández referiu que as tarefas, que teñen un custo de 73.894 euros e se prevé que finalicen esta mesma semana, consistirán na renovación con aglomerado en quente de 2.290 metros firme, repartidos entre o itinerario principal e dous ramais que discorren pola zona".
Os labores veñen a sumarse, segundo sinalou o edil, ás obras de ampliación da rede de abastecemento que o Concello executou recentemente.

O responsable de Medio Rural destacou a importancia das actuacións, financiadas ao abeiro do Plan Único da Deputación Provincial, “que desenvolvemos despois de escoitar as necesidades que nos traslada a veciñanza da zona pero que non só beneficiará ás persoas residentes nestes núcleos senón que reverterá no conxunto do tráfico rodado que circula pola zona”, concluíu Miguel Fernández.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18907904624939