O Concello de Lugo mellorou a iluminación na pista deportiva de Galegos

LugoXa
Os traballos consisiron na colocación de novo alumeado, instalando puntos LED de baixo consumo, avanzando, ao mesmo tempo, na boa eficiencia do alumeado
pista-deportiva-Galegos-Lugo
19 Apr 2025

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo realizou unha intervención na pista deportiva de Galegos, onde Alexandre Penas afirmou que "esta é unha actuación na instalación deportiva da zona que permite práctica deporte en horas de pouca luz e mellorar a imaxe da zona grarantido a usabilidade desta instalación pública".

Os traballos consisiron na colocación de novo alumeado, instalando puntos LED de baixo consumo, avanzando, ao mesmo tempo, na boa eficiencia do alumeado.

Alexandre Penas afirmou que esta intervención "complementa outros traballos realizados pola concellería de Infraestruturas, entre os que se inclúen a repavimentación de varias rúas que se atopaban en mal estado, así como a renovación do alumeado público a LED, que mellorou a eficiencia enerxética e a iluminación das vías".

Trátase dunha das demandas que a Asociacion de Veciños de Galegos lle transladara a Rubén Arroxo nunha reunión. Por iso, desde a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. "As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

⚙ Configurar cookies
0.17370700836182