O Concello de Lugo oferta programas de prevención das drogodependencias
O Concello de Lugo, a través da A Concellería de Xuventude, está a remitir xa aos centros educativos o programa de actividades do Servizo de Prevención de Drogas e outras Adiccións para o curso 2021-2022, accións que buscan educar e concienciar á mocidade lucense e ás familias sobre os efectos negativos do consumo de drogas.
Con este programa, o Concello quere traballar cos mozos, mozas, a contorna educativa e as familias cuestións como ás adiccións no século XXI e a responsabilidade persoal. Ensinará, ademais, como efectuar unha comunicación efectiva e como manexar habilidades sociais e emocionais para a resolución de conflitos. Tamén falarase sobre as ferramentas de prevención de adiccións.
“Dende este mes de outubro estamos a enviar aos as propostas de obradoiros para o curso escolar 2021-2022, que tamén está dispoñible nas redes sociais da concellería e na web www.lugomasxti.org, con contidos adaptados segundo as idades” destacan.
Os obradoiros, cuxo enfoque e material está adaptado en función dos cursos, “convidan á participación e reflexión dos asistentes e serán impartidos por profesionais con ampla experiencia e formación no ámbito das adiccións”, aseverou Mauricio Repetto.
O número de sesións mínimo para cada un de estes obradoiros é de 3, cunha duración de entre 50-60 minutos.
ÁMBITO ESCOLAR - PRIMARIA
- Saúde na Escola: Dirixido ao alumnado de primaria de 5º e 6º curso.
- Prevención no abuso das novas tecnoloxías (móbil, xogos e redes sociais) – Desconecta: Dirixido ao alumnado de primaria de 5º e 6º curso.
ÁMBITO ESCOLAR - SECUNDARIA
- Programa de Prevención Órdago: Dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Esta taller está composto dunha guía para o alumnado para traballar contidos como a presión de grupo, a toma de decisións, o consumo e a publicidade, crenzas, actitudes ou autoestima.
- Obradoiro Monográfico sobre o Cannabis: A verdade desta droga: Dirixido ao alumnado de 3º da ESO.
- "Dobre Check": Dirixido ao alumnado de 4º da ESO.
ÁMBITO ESCOLAR - SECUNDARIA
- Pensa en ti decide por ti: Dirixido ao alumnado de FP básica. Obradoiro composto de actividades de elaboración propia que pretende traballar de xeito eficaz na intervención e abordaxe integral dos problemas relacionados co uso das drogas e outras adiccións, a través de intervencións dinámicas.
ÁMBITO FAMILIAR
- Talleres de prevención de adiccións para as familias: Dirixidos a pais e nais de alumnado de todas as idades.
- Charlas para pais e nais: Prevención de adiccións a substancias psicoactivas e prevención de adiccións tecnolóxicas.
Os obradoiros pódense solicitar a través dos diferentes centros educativos ou AMPAS. Para iso, é preciso poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogas e outras Adiccións do Concello de Lugo, a través do correo prevenciondrogas@lugo.gal ou nos teléfonos: 982 297 498, 982 297 837.