O Concello de Lugo ordena a suspensión inmediata das obras dun aloxamento para menores

LugoXa
O goberno local incoa un expediente de reposición da legalidade urbanística e lembra a importancia de respectar a normativa
Casa-Consistorial-Concello-de-Lugo
3 Nov 2025

O Concello de Lugo acordou a suspensión inmediata das obras que se están a executar no inmoble situado na rúa Doutor García Portela, número 17, destinadas a habilitar un aloxamento para menores, ao comprobar que carecen do preceptivo título habilitante urbanístico municipal.

A resolución establece tamén a incoación dun expediente de reposición da legalidade urbanística e solicita a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade, segundo a normativa vixente. Os interesados contan cun prazo de 15 días hábiles para presentar alegacións, documentación complementaria ou interpoñer os recursos correspondentes.

O Goberno local destacou a relevancia de respectar os procedementos legais e técnicos para garantir a seguridade das actuacións e o cumprimento da normativa urbanística, especialmente tratándose dun equipamento sensible como é un centro de atención a menores.

Ademais, os servizos municipais traballarán conxuntamente co equipo técnico promotor para que, unha vez subsanadas as deficiencias documentais, se poida axilizar a tramitación da licenza urbanística correspondente coa máxima dilixencia e transparencia.

⚙ Configurar cookies
0.076302051544189