O Concello de Lugo organiza un coloquio sobre a saúde da muller

LugoXa
Muller e Igualdade organiza unha Charla-coloquio de nutrición, con motivo do Día Internacional da Acción pola Saúde das Mulleres
Día Saude mulleres
22 Maio 2022

O Concello de Lugo acollerá o vindeiro xoves unha charla- coloquio para lembrar a importância que ten o coidade da saúde da muller a través da súa alimentación, sendo conscientes de que as súas necesidades enerxéticas e nutricionais varían nas distintas etapas da vida.

Para elo, a área de Muller, dirixida por Silvia Alonso, organiza este evento, baixo o nome de A nutrición nas etapas da vida da muller: consellos prácticos. Terá lugar o xoves, 26 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do centro de convivencia Uxío Novoneyra. A entrada é libre ata completar aforo.

A dietista-nutricionista Marta Pérez Fandiño será a encargada de ofrecer esta charla que afondará nos cambios durante a etapa da vida da muller, onde a nutrición adquire un papel fundamental. Fará fincapé na infancia, adolescencia, xuventude, preconcepción, embarazado, nai lactante, menopausia e idade adulta.

0.23239994049072