O Concello de Lugo organiza unha nova charla sobre a menopausia o 8 de maio

LugoXa
No marco das xornadas de Saúde Feminina, a actividade, que é gratuíta, desenvolverase no Vello Cárcere a partir das 18.00 horas
Ángeles-Novo-xornadas-Saúde-Feminina-Lugo
6 May 2025

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, que dirixe Ángeles Novo, organiza unha nova charla sobre a menopausia o 8 de maio, que estará impartida polas doutoras Raña e Varela, do Servizo de Xinecoloxía do Hula.

No marco das xornadas de Saúde Feminina, a actividade, que é gratuíta, desenvolverase no Vello Cárcere a partir das 18.00 horas.

Esta nova conferencia abordará os principais síntomas da menopausia, os cambios, tanto físicos como emocionais, que se producen na muller e tamén os distintos tratamentos para frear ou paliar algunhas das consecuencias derivadas deste cambio, desde as terapias hormonais á adopción dun estilo de vida e duns hábitos máis saudables e beneficiosos para a muller.

A edil Ángeles Novo, sinala que “con esta nova xornada o noso obxectivo é afondar na saúde das mulleres e de dar visibilidade a esta etapa, normal e común na vida de toda muller, para o que contaremos con dúas expertas na materia, que aportarán luz sobre un dos temas máis demandados e que suscita maior interese no que respecta á saúde feminina”.

As ponencias e obradoiros deste ciclo, que comezou o pasado mes de abril e que se desenvolverá ata xuño, abordará en próximas datas temas como “a saúde bucodental na muller”, para o que se contará coa colaboración da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo e sobre “O Lipedema: a importancia do exercicio na muller”.

⚙ Configurar cookies
0.22968912124634