O Concello de Lugo paraliza as obras de Urbanización das Saamasas

LugoXa
O Concello paraliza as obras de Urbanización das Saamasas por non dispoñer da prórroga da Confederación Hidrográfica.
Lara Mendez alvaro santos
28 Maio 2021

A área de Sostibilidade Urbana vén de decretar a paralización das obras de Urbanización do Sector Norte I do Concello de Lugo (Saamasas), por carecer da prórroga da Confederación Hidrográfica, necesaria para poder continuar as mesmas. 

O concelleiro Álvaro Santos explicou que, “na mañá de onte, procedeuse á ordenar a interrupción inmediata dos traballos ao non dispoñer a Xunta de Compensación do devandito sector da imprescindible autorización da Confederación Hidrográfica para seguir realizándoos”. 

O Concello de Lugo daralle agora aos interesados un trámite de audiencia de 10 días para que inicien as accións que estimen oportunas.

0.21333289146423