O Concello de Lugo pecha os parques municipais por alerta de vento

LugoXa
A previsión de refachos de ata 70 km/h leva a limitar o acceso aos parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela
Parque-Rosalía-de-Castro-Lugo
4 Feb 2026

O Concello de Lugo informa de que, a partir das 15:00 horas de hoxe, mércores 4 de febreiro, está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade, ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por ventos de compoñente oeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán ao centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos desde ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para respectar estas limitacións e non achegarse ás zonas verdes municipais con arboredo ata que remita o temporal, evitando riscos innecesarios e protexendo a súa seguridade.

⚙ Configurar cookies
0.096218109130859